Andrea Gacio gaña o concurso «O meu recuncho de Mondoñedo»

La Voz MONDOÑEDO / LA VOZ

MONDOÑEDO

ANDREA GACIO

Un xurado elixiu tamén as 13 imaxes para o calendario municipal do 2019

29 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha fotografía de Andrea Gacio na que aparecen cabalos pacendo nos montes do municipio conseguiu o primeiro premio do concurso de fotografía «O meu recuncho de Mondoñedo», organizado polo Concello. O xurado, que estivo integrado por fotógrafos de La Voz de Galicia e de El Progreso, así como por estudantes de fotografía, acordaron conceder o segundo premio a José Antonio Pasarón, e o terceiro a Marcos Candia. Ademais seleccionaron 13 instantáneas para o calendario do 2019. Os autores son: Xián Vázquez (xaneiro), Diego García Carro (febreiro), José Ramón Miranda (marzo), J. Pedro Gómez (abril), Sol Piñeiro (maio), Andrea Gacio (xuño), Susana Gacio (xullo), Diego Muruais (agosto), Héctor Loureiro (setembro), Marcos Candia (outubro), José Antonio Pasarón (novembro), Alberto García (decembro) e Andrés García (portada).