«Foi algo espectacular, impresionante»

m. s. corral / x. r. MONDOÑEDO / LA VOZ

MONDOÑEDO

XAIME RAMALLAL

Estiman en unas 7.000 personas las que se dieron cita ayer en la ciudad episcopal por la mañana

07 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

«Foi xenial, algo espectacular, de verdade; impresionante. Xuntáronse aquí 3.000 persoas da caravana da Volta e outras 4.000 de veciños e público de toda a zona». Son palabras de Manuel Tapia, concejal de Deportes de Mondoñedo, que estaba muy satisfecho ayer al igual que la regidora mindoniense, Elena Candia, que tras salir la Vuelta tuvo ocasión de seguirla en helicóptero.

«Había moitísima xente -resaltaba Manuel Tapia-, moita. O mércores á noite xa se notou na hostalería coas ceas, estaba a tope. Houbo moitas reservas pero a Volta trae, claro, a 3.000 persoas, que se alonxaron en Mondoñedo, tamén en concellos próximos, en Vilalba e en Lugo; en toda a zona».

«Isto supón unha gran promoción para Mondoñedo; todo suma; estamos na Asociación dos Pueblos máis Bonitos de España; temos a catedral e o Camiño Norte declarados de interés mundial e agora a Volta e así imos sumando e gañando visibilidade e promoción en todo o mundo; porque isto vai ter repercusión, estamos seguros. Foi aquí en Mondoñedo a única saída da Volta Ciclista en Galicia», algo que también resaltaba estos días la alcaldesa Elena Candia.

«Queremos agradecer a colaboración de todos e que nos desculpen polas molestias puntuais que puido ocasionar, pero cremos que o acontecemento mereceu moito a pena. Desdelogo o comportamento da xente foi excepcional, un 10 para todos», apuntaba Manuel Tapia.

Carlos Folgueira, o Rei das Tartas, conocido hostelero y empresario local, también cree que la Vuelta tendrá repercusión en Mondoñedo. «Foi moi importante; veu moita xente. Saiu Mondoñedo nas televisións, creo que foi e será rentable; é bo que falen ben de Mondoñedo. Estou sorprendido coa cantidade de xente que trae a Volta e coa que se achegou ata Mondoñedo. Tería que pasar máis veces a Volta por aquí. É rentable. Eu noteino e supoño que os demáis tamén», concluía.