Miguel Ángel Fernández, no Campionato de España de Salmónidos

La Voz MONDOÑEDO / LA VOZ

MONDOÑEDO

O mindoniense é Campión Galego de Pesca. Está a participar en La Rioja esta fin de semana no campionato absoluto

29 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O campión autonómico de pesca 2017, Miguel Ángel Fernández González, representa a Mondoñedo no Campionato de España de Salmónidos Lance Categoría Absoluta, que se celebra dende onte ata o domingo na comunidade de La Rioja, concretamente nos cotos de las Viniegras, Urbión e Neila. O edil de Deportes do Concello de Mondoñedo, Manuel Tapia Rivera, avanza que Miguel A. Fernández dará o 15 de setembro un curso de iniciación á pesca para os nenos.