Concentración polas louseiras en Mondoñedo

La Voz MONDOÑEDO / LA VOZ

MONDOÑEDO

Este sábado, ás 12.00 horas, na praza do Concello

29 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Sindicato Labrego Galego apoiará a concentración que se convocou para este sábado, 30 de xuño, ás 12 na praza do Concello de Mondoñedo, en solidariedade coas persoas afectadas pola actividade da Louseira Veira do Río, nomeadamente os traballadores e traballadoras da empresa que non cobran e a Asociación de Afectadas polas Louseiras de Santa María Maior e Lindín. «A maiores, dende o SLG faremos un chamamento á nosa afiliación para que apoie a protesta», di o SLG.