Correlingua en Mondoñedo esta mañá

La Voz

MONDOÑEDO

XAIME RAMALLAL

10 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe?•?Dende o Campo dos Remedios ata a Praza da Catedral?•?Serán uns mil pequenos grandes «fans» da lingua galega, todos escolares da Mariña, os que hoxe se acheguen a Mondoñedo para dárlle vida a un novo Correlingua. Son xa 18 anos da iniciativa organizada por CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Mesa pola Normalización Lingüística que conta coa colaboración no caso mariñán do Concello de Mondoñedo e a Deputación de Lugo. Coma sempre, haberá dúas carreiras, según a idade dos menores. Na competitiva, dixo Dores Fernández Abel, coordinadora na comarca, inscribíronse 355 rapaces. O paseo rematará na Praza da Catedral, onde terá lugar a festa final con Ce Orquestra Pantasma, lectura do manifesto, actuacións de centros e Moreninhas e o gañador do Cantalingua Cuarta Xusta.