Mondoñedo, capital galega da poesía o vindeiro 1 de maio, dentro das festas das Quendas

La Voz MONDOÑEDO / LA VOZ

MONDOÑEDO

Foto Miguel

Participan poetas galegos e haberá  unha homenaxe polos 200 anos da Escola Poética do Seminario

21 abr 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

«Mondoñedo é poesía» chega este ano á súa quinta edición convocando para o vindeiro 1 de maio en Mondoñedo (Capital galega da poesía) a cantos amen a poesía. Esta actividade enmárcase dentro da programación das tradicionais Feiras e Festas das Quendas que se celebran desde 1541 en Mondoñedo.

Celebrarase amais unha homenaxe aos 200 anos da chamada Escola Poética do Seminario e editarase o libro “Mondoñedo é poesía 2014-2018”. O cartel oficial deste ano é da autoría do grande artista, Fillo Predilecto de Mondoñedo, Xosé Vizoso. No Auditorio Pascual Veiga escoitaranse os versos de Juan Carlos Mestre, Chus Pato, Olga Novo, Antón Lopo e Lorena Souto (en directo desde Bangor). Ugía Pedreira ofrecerá un espectáculo poético- musical. A música póñena Rebeca Maseda e Miguel Lustres. A presentación, con guión de Clara Vidal, corre a cargo de Marina Oral Villapol.