Hoxe, reunión preparatoria do Correlingua 2018 na Mariña

La Voz

MONDOÑEDO

XAIME RAMALLAL

A celebración será o vindeiro día 10 de maio en Mondoñedo este ano

16 ene 2018 . Actualizado a las 15:57 h.

Hoxe, mércores 17?•?18.30 horas?•?IES Monte Castelo de Burela?•?Aínda que faltan meses e meses para a celebración do Día das Letras Galegas 2018 na comarca da Mariña, hai actividades ligadas a esa conmemoración que xa se están a preparar, como é neste caso por parte dos Equipos de Normalización Lingüística dos centros educativos da comarca. Se falamos do Correlingua, as reunións xa comezan para perfilar esa xornada de defensa da lingua galega e xa veterana na costa lucense. Será o vindeiro 10 de maio en Mondoñedo, según anunciou onte a coordenadora Dores Fernández Abel, sinalando que hoxe, día 17 celebrarase unha reunión no IES Monte Castelo de Burela para falar dos concursos, actuacións, carreira, animación...