«Estiven remexendo e hai varios que queren seguir, espero se chegue a acordo»

MONDOÑEDO

Colaboradores, autoridades, veciños e amigos acudiron ao acto.
Colaboradores, autoridades, veciños e amigos acudiron ao acto.

Os mindonienses homenaxearon a Ruiz Leivas, co desexo de que o xornal "Mondoñedo" continúe

30 ene 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Onte foi un día de emocións para Xosé Ruiz Leivas. Deixa a dirección do xornal «Mondoñedo», que dirixiu dende o ano 2003 e cuxo último número foi tamén presentado no mesmo acto.

Como explicaba o cronista oficial, Antonio Reigosa, que estivo alí, onte era sobre todo, un día para agradecer e honrar a Xosé, que dedicou doce ou trece anos da súa vida a sacar adiante o periódico. El mesmo, Xosé, recordaba nestas páxinas que facía de todo, dende poñerlle a funda e o selo cando os mandaba aos suscriptores que tiña fóra, ata tratar as fotos ou facer a labor xornalística. A Asociación Amigos da Cidade de Mondoñedo, con Ruiz Leivas, á fronte, foi quen de manter a periodicidade da publicación durante 28 anos. Foi unha das que tivo maior recorrido no tempo, tal como apuntaba o cronista mindoniense. Mérito importante si se ten en conta que na cidade se editaron máis de 50 cabeceiras de xornais e revistas de todo tipo.

Onte, durante a segunda parte da homenaxe celebrouse un ha mesa aberta para falar dese pasado e para facer propostas con vistas ao futuro. Ruiz Leivas adiantaba a esta redacción que ultimamente estivera «remexendo e hai varios que queren continuar e espero que se chegue a acordo».

O cronista apuntaba que a pelota agora está no tellado de Amigos da Cidade de Mondoñedo, que na asemblea que teñen convocada para o mes de febreiro terán que analizar os pasos a dar con vistas a manter este xornal do que apuntaba Reigosa, «é un patrimonio e hai que conservalo», sen mencionar es parte «afectuosa» dun xornal en papel que os socios que vivían fóra recibían con tanto aprecio.

No acto, organizado pola Plataforma Comarca de Mondoñedo Unida, estivo tamén a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, o presidente da Asociación Abrindo Camiño, Luís Ansedes, colaboradores do xornal, familiares e veciños que acudiron a acompañar a Ruiz Leivas. Os que nalgún momento tiveron a sorte de coñecelo saben que non era só o director de Mondoñedo, senón un mindoniense de trato amable, sempre disposto a axudar..

Ademáis, proxectouse A liña das letras, un traballo que recolle a interacción entre os escritores e a prensa mindoniense, elaborada por Manuel Gago, Armando Requeixo e Javier Álvarez.