Pardo de Cela e a súa Cova

ANTÓN MEILÁN PROFESOR DE LA UNIVERSIDAD DE OVIEDO

MONDOÑEDO

23 feb 2015 . Actualizado a las 14:31 h.

AXunta de Galiza acaba de concederlle unha subvención (diñeiro de todos) ó Bispado mindoniense para arranxar algunhos desperfectos da catedral mindoniense. Xa fai anos, cando fumos nomeados ?Cabaleiro do mariscal Pardo de Cela? e ?Dona de Isabel de Castro?, quen esto escrebe e a Sra. Blanca Montenegro, fixemos unha petición que entón saiu pubricada nos Xornais da Mariña luguesa. A petición era que se voltase ao seu lugar a lápida da tumba de Pardo de Cela, de onde fora desplazada cando as obras da Catedral nos anos 1964-1966. Alguén deu a orde de quitala da cova despois de cinco séculos cobixando os seus restos. Voltala pro seu lugar non é difícil e o custe sería mínimo. Ben é verdade que neste tempo sofreu serios deterioros pois xa non se le o nome de Pardo de Cela nen se aprecia o escudo de armas. Cunha pequena parte deses cartos que deu a Xunta podería facerse. Sería bo para a Historia de Mondoñedo e de Galiza. E incluso, pensando no futuro da catedral mindoniense, e así, tamén, o Cabido de hoxe repararía a participación dos seus antepasados no degolamento, a perda de toda a documentación dos derradeiros días do Mariscal e o recente traslado da lápida. Estos feitos demostran que a Igrexa mindoniense sempre quixo ocultar a figura do Mariscal. Algo mouro pasou. Se non se atreven a refacer o que desfixeron, tampouco resulta costoso poñer na mesma repisa de pedra que está enriba dos seus osos o nome de ?Pardo de Cela e o seu escudo de armas?, tal como estaba na lápida. Eu comprométome a buscar canteiro. O Ilmo. señor D. Enrique Cal Pardo sabe exactamente onde están os osos porque participou no erguemento da cova, e D. Enrique por cargo -bispo emérito-, por antigüedade, por arquiveiro a perpetuidade, por prestixio intelectual, por estudoso e coñecedor da Historia medieval galega e porque leva o apelido do Mariscal e nasceu na casa do Carballo de Galdo, ten e debe ter potestade para facelo. Apelo tamén ao señor Bispo, Sánchez Monge, e ao Cabidoo catedralicio, case todos con carreira universitaria. O papa Francisco, a bo seguro, vai aplaudir este xesto de reparar a memoria do Mariscal. Pedímosllo moitos mindonienses e moitos máis galegos. Dendes Oviedo rezareille á Virxe dos Remedios e cando vaia por Mondoñedo poñereille unha veliña para que ilumine a decisión do Cabido.

Antón Meilán. Profesor da Universidade