Lourenzá celebrará por todo o alto O Maio e a Festa Campesiña: desfile, música, xantar popular, premios e verbena

María Cuadrado Fernández
M. CUADRADO LOURENZÁ / LA VOZ

LOURENZÁ

CEDIDA

O Concello e varias asociacións do municipio deseñaron un amplo programa de actos para o 1 de maio co gallo da Festa Campesiña

25 abr 2025 . Actualizado a las 11:20 h.

O Concello de Lourenzá e varias asociacións do municipio prepararon un amplo programa de actividades para celebrar o vindeiro día 1 O Maio e a Festa Campesiña. As actividades empezarán ás 11 horas coa elaboración dos maios no recinto feiral. Unha hora máis tarde abrirán os postos de artesanía e de alimentación no Campo dos Bolos.

O dj Billy animará a sesión vermú a partir das 13 horas e ás dúas da tarde dará comezo un xantar popular. Para a tarde, arredor das 16.30, sairá O Maio do recinto feiral e fará un percorrido polas rúas da vila ata o Campo dos Bolos. Actuarán a asociación cultural Osorio Gutiérrez e Ledicia SCR de Burela.

O grupo Trípode representará a obra «A presa» ás 19 horas e dúas horas máis tarde entregaranse os premios aos mellores balcóns, escaparates e sombreiros, entre outros. Belinda e dj Billy animarán a verbena.