A banda e o coro da Escola de Música de Lourenzá, este domingo con Xela Arias

La Voz LOURENZA/LA VOZ

LOURENZÁ

Xulio Gil / Xerais

Ofrecerase un recital ás 13.30 horas no quiosco da música do Cantón

22 may 2021 . Actualizado a las 20:45 h.

O Día das Letras Galegas deixou esta semana especialmente na Mariña unha morea de actos que aínda se prolongaron esta fin de semana coma o teatro en Viveiro, o concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo ou o espectáculo de Caxoto ofrecidos este sábado. Pero queda outra cita máis programada para a xornada do domingo, dende Lourenzá, onde haberá un recital poético e un concerto no que participará a Banda de Música laurentina máis o coro da escola de música que se encargará de ler poemas de Xela Arias, homenaxeada este ano. A cita será ás 13.30 no quiosco da música do Cantón. Tamén se dará lectura ás poesías premiadas no certame local.