Recital poético e concerto en Lourenzá polo Día das Letras Galegas

Os actos serán o día 23 de maio


LOURENZÁ / LA VOZ

O Concello de Lourenzá celebrará o Día das Letras Galegas o vindeiro día 23 de maio cun recital poético e cun concerto da Banda de Música local. «O domingo 23 de maio celebramos as Letras Galegas coa lectura das poesías premiadas no concurso convocado polo Concello e un concerto da Banda de Música de Lourenzá», explica a rexedora Rocío López, quen anunciou o acto para as 13.30 horas no quiosco da música do Cantón.

«Ademais os membros do coro da escola de música recitarán poemas de Xela Arias, escritora a que este ano se dedica o Día das letras Galegas», indicou.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Recital poético e concerto en Lourenzá polo Día das Letras Galegas