O antigo mestre e estudoso Manuel Román, pregoeiro da XXIX Festa da Faba de Lourenzá


lourenzá / la voz

A Festa da Faba de Lourenzá comeza os seus preparativos. Malia que aínda falte case un mes para degustar o produto, xa se sabe quen vai ser o encargado de pronunciar o pregón co que comezará a XXIX Festa da Faba de Lourenzá: o mestre e estudoso da historia local Manuel Román Ramos. Coñecido popularmente como Manolo das Cartas, Román publicou varios libros e estudos sobre a orixe do mosteiro de San Salvador ou sobre a figura do Conde Santo, entre outros temas de interese na vila de Lourenzá. É por isto que Román é un destacado colaborador na xornadas de historia local que organiza cada ano o Concello. Dende este organismo, a través do concelleiro de Cultura Manuel Arango, manifestouse que «é un luxo que Manuel Román aceptara ser o pregoeiro nesta edición da Festa da Faba».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O antigo mestre e estudoso Manuel Román, pregoeiro da XXIX Festa da Faba de Lourenzá