«Este obradoiro mestura distintas artes e inspírase na terra e na poesía»

Y. GARCÍA LOURENZÁ/LA VOZ

LOURENZÁ

CEDIDA

Este venres 14 e sábado 15 terá lugar o obradoiro que organiza a Fundación Edes

13 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Venres 14 e sábado 15?• Casa da Cultura (Castropol) ?•?Marina Oural (1968, O Val de Lourenzá) volve a reencontrarse no camiño da vida e da arte coa figura da súa paisana Juana de Ibarbourou. A inspiración da poeta laurentina serviu de base primeiro para o espectáculo Juana_Inspiracións e agora para o obradoiro de creación escénica interdisciplinar Juana_Docencia que se imparte o 14 e 15 en Castropol, na Casa de Cultura, baixo a organización da Fundación Edes e promoción da Oficina Galega de Outros Asuntos o Movemento. Inscrición en www.fundacionedes.org.

?Como xurdiu a iniciativa?

?Foi o proceso de creación o que nos levou a redactar, neste caso a min, a experiencia de traballo artístico, e sobre todo no ámbito relacional de mulleres de diferentes xeracións e diferentes ámbitos profesionais. O que nun principio comezou como un proceso para un espectáculo chegou a converterse nunha árbore cunha rama didáctica e outra, a performance Juana_Inspiracións, reforzado co Premio Luisa Villalta de Proyectos Culturales por la Igualdad da Deputación da Coruña no 2018 e que foi un pulo. Fixemos xira por concellos de Galicia. Hai un discurso profundo dende o que supón a miña volta á aldea en 2009, dende que deixei a Coruña para volver adonde nacín, vendo que aínda está viva a terra e os cultivos... A inspiración está na memoria que significa terra e poesía. Toda a vida vía o nome da biblioteca Juana de Ibarbourou... e ninguén me dicía nada dela. Levaba anos querendo facer algo con ela. Primeiro foi un proceso de selección de textos, traballamos a parte de movemento, despois a música e cando xa empezamos a funcionar, para o equipo foi unha sorpresa toda a aprendizaxe.

?Comprobou que Juana foi, logo, unha figura «silenciada»?

?Silenciada e maltratada. Fun descubrindo tamén a parte da muller Juana; estou nesa descuberta. É un proceso de procura, de empezar a descubrir unha poeta e descubrirnos a nós mesmos. Foi unha muller maltratada e os seus textos transcendían a profundidade de vivir con dor.

?Como vai ser o obradoiro?

?Ninguén precisa experiencia, pero si moitas ganas de compartir creación escénica. En canto ao proceso do obradoiro, imos traballar durante 12 horas cada individualidade para construír un relato final onde cada un aporta o que un ten. Eles van crear a propia peza.

?A Fundación Edes tamén é a que fai posible este evento.

?Si e vai ser nun sitio espectacular como é a Casa de Cultura de Castropol. Organiza a Fundación Edes, que nos chamou para poñer isto en práctica; está dirixido á diversidade funcional. Temos na lista de xente dende músicos, ata docentes, coordinadores... Este obradoiro é unha mestura de diversas disciplinas (poesía, música e danza) conmigo, Chefa Alonso, Irene Álvarez e Mónica Cofiño de facilitadoras e co espello da terra como principal motor.