O equipo infantil do Maderas Barcia Lourenzá, campión provincial de fútbol sala

La Voz LOURENZÁ / LA VOZ

LOURENZÁ

CEDIDA

Participou este pasado domingo en Mondoñedo

15 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O equipo infantil Maderas Barcia Lourenzá proclamouse este pasado domingo campión provincial de fútbol sala na localidade de Mondoñedo.

Nas semifinais derrotou ao Guitiriz por un marcador de 2 a 0 (goles de Migui) e na gran final que se disputou nun pavillón a rebentar de seguidores laurentinos impúxose por 6 a 4 ao Ribeira, nun partidazo xogado de poder a poder por parte de ambos os equipos.

Os goles da final: 3 Edu, 1 Manu e 2 Raúl. Dende a directiva queren darlle os parabéns a todo o cadro, en especial ao corpo técnico encabezado por Michael Sante polo labor realizado.

Dende o Maderas Barcia Lourenzá destacan ademais ao equipo benxamín: «Amais tivemos o benxamín Panadería Neli nas finais provinciais de Chantada. Caía derrotado nas semifinais con Santiago de Foz 5-3 (a posteriori campión provincial) e lograriamos o bronce logo de derrotar ao Guitiriz no 3.º/4.º posto por 4-0».

En Lourenzá son un exemplo, sen dúbida, na promoción do deporte entre os mozos e as mozas do concello coas súas escolas deportivas, nas diversas modalidades e competicións.