«A nosa faba é mellor cá asturiana»

Inmaculada Eiroá González
inma eiroá LOURENZÁ / LA VOZ

LOURENZÁ

PEPA LOSADA

Gema Iglesias Recalde relevou á súa nai, a histórica fabeira Teresa Recalde, á fronte da explotación

28 sep 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Gema Iglesias Recalde (Santo Tomé de Lourenzá, 1973) pregoa este sábado a XXVII Festa da Faba, cita de exaltación dun dos produtos máis emblemáticos da comarca.

-¿Como acolleu a noticia?

-Con sorpresa.

-¿Por qué a sorprende? Vostede é un referente no mundo da faba.

-O referente é miña nai (Teresa), que leva toda unha vida.

-Pero vostede recolleu o testigo.

-Iso si é verdade; eu quedeime co que ela emprendeu, pero considero que a pregoeira debera ser ela, que foi unha das fundadoras, con axuda doutras mulleres, da Festa da Faba. Axudou a que chegara a faba onde chegou hoxe. A min foi un mundo que sempre me gustou; gustábame o mundo da agricultura e decidín quedarme na casa. Hoxe por hoxe non me pesa, e si tivera que repetir a andaina, volvería a repetir sen dúbida.

-¿Na casa, cultivando faba, basicamente?

-Na casa só cultivamos faba; vivimos da faba.

-¿É posible hoxe vivir dela?

-Si, si, perfectamente.

-Si se pode vivir disto, ¿non?

-Si se pode. Nun principio era un complemento; tampouco había a cantidade que se produce hoxe, nin estabamos tan ben preparados nin o tiñamos tan ben estudado, era un complemento da gandería; na miña casa foi así. Cando nos anos 90 o leite sufriu un baixón importante, miña nai dedicouse a cultivar só faba e deixar a gandería e desde aquela nós cultivamos so faba e hoxe hai moita xente que cultiva só faba e vive dela.

-¿Canta superficie cultivan vostedes ó ano?

-Algo máis de seis hectáreas. Producimos oito mil, nove mi, hai anos que sete mil; o ano pasado pasei un pouquiño dos nove mil, tiven moi boa produción. Non se pode calcular tanto hectárea, porque a veces tes a mesma superficie e chove e sacas menos. A media anda entre 1.200 e 1.500 quilos por hectárea máis ou menos.

-¿Hai saída, hai mercado, págase ben?

-Si, claro que hai mercado e si máis houbera máis se vendía. O que é difícil é entrar no mercado, pero si o hai. Agora mesmo estamos deixándoa para sábado e domingo, pero están esperando a que saia a faba nova para poder vender porque a do ano pasado xa hai tempo que se terminou. De momento non está saturado o mercado. A ver, a faba é de moi boa calidade e está moi demandada por todos os sitios, ten moita saída.

-¿A Festa da Faba foi un pulo?

-Pois claro que si, daquela era un grupo de mulleres reunidas pola que foi alcaldesa, Fe Rodríguez Rocha, primeiro foron dous anos onde se premiaba a faba pola súa calidade como pola súa presentación e xa no terceiro ano se cambiou iso polo que é hoxe a Festa da Faba. Empezaron a ubicarse stands, foise evolucionando e cada ano a festa medraba moito máis.

-¿Houbo cambios no cultivo?

-(...) Camboiu moito, Desde cultivar pequenas cantidades a cultivar hoxe hectáreas, de ser de rastreo, a guialas, de non ser tratadas fitosanitariamente a ser tratadas e con uns rexistros que están autorizados para elas.

-¿Mecanizáronse?

-Mecanizarse o mínimo. Facemos o labor cun tractor pero despois todo é á man, recoller é á man, escoller é á man, sigue sendo un coidado artesanal e moi mimado. O único que nos mecanizamos foi na forma de escoller que hai xente que o fai con maquinaria, nós non que o facemos manual, e no de mallar, que o facemos con maquinaria.

-¿Foi importante acadar a IXP?

-Cando foi recoñecida a faba coa IXP xa había un mercado importante, pero tamén é verdade que había mercados nos que non podías entrar se non tiñas un selo de calidade e iso ampliounos un pouco máis o mercado.

-¿Acadou a de Lourenzá o prestixio da faba asturiana?

-Penso que si. Tampouco hai unha diferenza clara entre unha faba e a outra. Eu vou tirar para a miña faba e vou dicir que é mellor ca deles, pero a nivel comercial, e de coñecemento cara o cidadán penso que está tan ó día como está hoxe a asturiana. (...)

-A muller manda moito aquí.

-Non é que mande, pero como sempre foi un cultivo complementario, mentres os homes ían gañar un salario quen facían iso eran as mulleres e hoxe en día pasa un pouco, aínda que hai homes que cultivan a terra, pero máis sempre as mulleres. Aínda que empezase a compartir; pero aínda que axuden un pouco cando chegan... O tema de escoller, iso si que non lles vai.

DNI. Gema Iglesias (Santo Tomé de Lourenzá, 1973) foi a primeira presidenta do Consello regulador da Faba de Lourenzá.

Produtora. Relevou á fronte da explotación familiar a súa nai Teresa Recalde, unha das máis coñecidas fabeiras da comarca. Di que non se arrepinte e volvería facelo.

Lourenzá programa tres días de fiesta para ensalzar su perla blanca, la faba

Lourenzá celebra este fin de semana la XXVII Festa da Faba. Un producto que ha llevado el nombre de la localidad y la extraordinaria leguminosa que se produce en la comarca hasta el extranjero.

Los actos, subvencionados por la Diputación con cinco mil euros, arrancan mañana, a las 18.30 horas, con la inauguración del estand de Muxía, Concello invitado en esta edición. A las 19.00 Teatro Morcego representará Presidente en el salón de actos de la casa consistorial y a las 20.30 ofrecen una cata comentada de vinos a cargo de la bodega Lar de Ricobao D.O. Ribeira sacra. La charanga Aires do Padornelo animará las calles con su música.

El sábado, a partir de las once de la mañana, podrán comprar faba en las casetas de los productores ubicadas en la Praza Conde Santo, donde se ubicará también el estand institucional del Concello de Muxía. Además, habrá demostraciones y exposición de artes en el Cantón y calles y plazas cercanas. Y una exposición de automoción y vehículos agrícolas de Campo dos Bolos. A las 11.30 habrá pasacalles a cargo de Gaita Escola de Mondoñedo; pregón de Gema Iglesias a las 12.00 en la Praza do Conde Santo. La degustación de faba en la Praza Linares Rivas comenzará a las 13.30 . Los niños tienen actividades a partir de las 17.00 horas y a las 21.00 horas estará en concierto, en Campo dos Bolos, el grupo folk Treixadura. La verbena la amenizará Lembranza.

El domingo, a las 8.30, apertura del mercado dominical de fabas, con venta al por mayor, en el mercado comarcal. A las 10, apertura de las casetas de los fabeiros, carrera popular, concentración de vespas, fútbol, degustación de fabas, pasacalles y xuntanza folclórica organizada por la asociación Osorio Gutiérrez.