Forza da amizade

FRANCISCO PIÑEIRO GONZÁLEZ

FOZ

PEPA LOSADA

11 ago 2022 . Actualizado a las 18:30 h.

D. Jesús Fernández López, SUSO DO BAHÍA, xa descansa mentres viaxa, camiño da eternidade. De pouco nos consola pensar que foi un acto natural, forzado pola idade e as circunstancias. Ben quixera eu ser capaz de describir en poucas palabras esta amarga emoción que asfixia o meu corazón envolto nun mar de bágoas!

Agora só nos queda a esperanza de que saibamos coidar da bandeira comprometida coa vila de Foz e con toda a Mariña tal como el a ergueu ante o mundo, loitando para que a cultura da nosa terra deixara de andar á deriva.

Suso foi e ten que ser o mestre do cal nos queda moito por aprender. El sabía que as areas solitarias non fan praia por iso nos convidaba a tender as mans día a día se queremos tecer a nosa historia colectiva.