Inés López explica que tamén haberá cine na rúa: «O Cine na Rúa seguirá dando a volta ao concello con sesións ás 22.30 horas, para chegar á Praza do Concello o xoves 5 con Las Niñas, a Cangas o venres 6 de agosto con Dr. Dolittle, o 10 de agosto en San Martiño con Mujercitas, o xoves 12 na Praia da Rapadoira con Jojo Rabbit, o venres 13 en San Acisclo con Padre no hay más que uno, en formato autocine no aparcamento de Valle Inclán o xoves 19 con Bohemian Rhapsody e o día 20 en Cordido con Playmobil la película».
O teatro continuará todos os martes no pavillón do colexio Número 1. Tamén haberá Sons na Rúa con grupos locais os venres en varias prazas municipais ás 21 horas. O Sons na Rúa terá tamén grupos de fóra de Foz, que poboarán os fins de semana do 14 e 15 de agosto e o 21 e 22 de agosto.