«O sistema sanitario debería tirar máis de nós, o primeiro filtro»

María Eugenia Hermida abrió hace unos días la quinta farmacia de Ribadeo


ribadeo / la voz

La focense María Eugenia Hermida Lameiro es la propietaria de la nueva farmacia, la quinta, abierta en el casco urbano de Ribadeo. Inauguró hace unos días, en un bajo en la avenida Rafael Fernández Cardoso, culminando así un proyecto personal que perseguía desde hace años.

«Acabei a carreira no 93 e estiven facendo cousas, matriculeime en Tecnoloxía dos Alimentos, e no 96-97 comecei a traballar nunha farmacia en Foz. Ó tempo seguín facendo cursos e no 2006 presenteime ó concurso da Xunta para novas farmacias e quedei moi preto de conseguila. Aí desanimeime un pouco, sentinme un pouco frustrada, pero grazas á miña familia, que sempre me apoiou, saquei forzas, perseverei e continuei facendo cursos, ata que no 2018 a Xunta convocou un novo concurso. Tiña moita experiencia laboral, cursos e quedei moi ben situada, sétima de seiscentos que nos presentamos. Sabía que tiña posibilidades pero a miña idea era seguir na zona da Mariña, e tiven sorte. Cando saíron as opcións de abrir en Burela ou Ribadeo elixín Ribadeo», relata María Eugenia Hermida.

«Estudei Farmacia porque me gustaba a ciencia, a medicina, a química, pero cando empecei a carreira non tiña moi claro en que ía acabar. Pero a vida vaite levando e empecei a traballar nunha farmacia, gustoume o traballo, o contacto diario coa xente, e se tes a túa propia farmacia dende logo é moito máis gratificante», añade la nueva farmacéutica ribadense.

El covid

El último año ha sido para ella un tanto especial, por la pandemia del covid: «Sempre estivemos traballando, tamén cando había moitas dúbidas, cando todo era novo co coronavirus, nun primeiro momento de desconcerto, cando non había máscaras, alcohol... foi tremendo. A xente pedía e nós non tiñamos para dar nin para nós tampouco. Estabamos coa pantalla, atendendo á xente, sen máscaras. Pero despois foise normalizando todo», recuerda.

De su nueva farmacia y de su ubicación se declara muy contenta: «A xente esta leda de que se abrira aquí unha farmacia, de que a zona vaia medrando e teña movemento. Eu penso que hai traballo en Ribadeo para unha quinta farmacia. Espero que si. Cando a Xunta di que hai poboación suficiente é porque así o ten valorado. Eu, dende logo, espero que haxa traballo para todas, para as cinco».

Y de su trabajo reconoce que le gusta especialmente el servicio que se presta a la ciudadanía: «Non me gusta limitarme a dispensar medicamentos, senón que a xente tamén me pida consello poder darlle respostas e axudarlle ata onde se poda chegar. O trato persoal coa xente é moi importante, poder axudar, porque é moi gratificante cando unha persoa volve á farmacia e che di que lle foi moi ben co que lle recomendaches. Hai moitos problemas médicos que se poden resolver nunha farmacia. O sistema sanitario debería tirar máis de nos, porque somos o primeiro filtro e temos unha formación moi ampla. Aforraríanse cartos, pero estamos moi desaproveitados», concluye.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«O sistema sanitario debería tirar máis de nós, o primeiro filtro»