Foz lleva a pleno este jueves el pago de 1.144.965 euros a Gestagua

s. c. FOZ / LA VOZ

FOZ

PEPA LOSADA

Al no haber actualizado las tarifas del agua entre 2016 y 2020

23 feb 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

El Concello de Foz lleva a aprobación plenaria este jueves, día 25, «a incorporación dun crédito extraordinario por importe de 1.144.965,51 euros con cargo ao remanente de tesouraría. Estes fondos servirán para abonar a diferenza entre o custo do servizo de abastecemento de auga e a tarifa que pagaron as veciñas e veciños de Foz a Gestagua entre xuño de 2016 e xuño de 2020». Un pago que ha de abonar el concello a Gestagua al no haber actualizado las tarifas del agua entre 2016 y 2020.

«Segundo os servizos de Intervención é posible acceder aos remanentes de tesourería para facer fronte a este desequilibrio, de forma que se garanta a estabilidade orzamentaria do Concello e non se vexan comprometidos gastos correntes e investimentos», explicaba ayer el alcalde, Fran Cajoto.

El regidor y el actual portavoz de la oposición, J. Castiñeira, se echaban ayer las culpas mutuamente. El alcalde, Fran Cajoto, explicaba: «O Partido Popular de Foz xa saíu en tromba a escusarse, querendo botar terra sobre un asunto que a min paréceme ben escuro. Segundo o seu portavoz a mala xestión durante os seus 8 anos de goberno en todo o relacionado co contrato da auga e a actualización das tarifas é culpa da oposición. Absolutamente incrible, oito anos nos que o único que se fixo foi prexudicar os intereses do Concello de Foz».

«O xuízo no que o Concello de Foz se enfrontou á concesionaria parece unha cortina de fume. O ex alcalde previamente aproba en pleno unha fórmula e logo litiga contra a concesionaria a utilización desa mesma fórmula. Absolutamente incoherente e así o reflicte o xuíz: definitivamente, a defensa do Concello quedou absolutamente vendida», señalaba el actual regidor focense.

Por su parte J. Castiñeira, declaraba ayer que «o alcalde, Fran Cajoto, volve demostrar moi pouco coñecemento dos problemas do concello e o que é peor, actúa maliciosamente terxiversando a realidade tentando desculpar as decisións dañinas do seu partido ao votar en contra das actualizacións das tarifas que ninguén negou nunca».

«Se o señor Cajoto quere saber por que existía a fórmula de actualización pode preguntarlle ao seu mentor, o señor Rivera, que foi quen prorrogou o contrato con Gestagua a pesar da oposición do PP e do BNG daquela».