O BNG pide que se dote de pediatría a Alfoz e Valadouro e su cubran vacantes na Mariña

La Voz O VALADOURO / LA VOZ

FOZ

Istock

Daniel Castro indicou que a falta deste persoal facultativo na Mariña é «un problema que vén de longo, con eivas xerais que se dan en case todos os concellos da comarca»

18 feb 2021 . Actualizado a las 20:01 h.

O BNG reclama á Xunta que dote aos concellos de Alfoz e O Valadouro do servizo de pediatría e cubra as prazas vacantes que existen actualmente na mesma especialidade nos Concellos de Xove, Cervo, Ribadeo, Barreiros, Lourenzá e tamén en Mondoñedo.

Nunha pregunta formulada na comisión de Sanidade do Parlamento galego, o deputado Daniel Castro indicou que a falta deste persoal facultativo na Mariña é «un problema que vén de longo, con eivas xerais que se dan en case todos os concellos da comarca».

Neste sentido salientou a situación do servizo nos municipios de Mondoñedo, Lourenzá e Barreiros, que comparten unha mesma profesional pediátrica que traballa de forma alterna nas tres localidades.