Foz máis seguro con cinco desfibriladores para usar en caso de paradas cardíacas

La Voz FOZ / LA VOZ

FOZ

CEDIDA

O Concello cubre unha carencia coa adquisición dos aparellos electrónicos

07 feb 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Un Foz máis seguro. É o que perigue unha das iniciativas do Concello, recentemente levada a cabo, que consiste en poñer en funcionamento cinco desfibriladores semiautomáticos para utilizar en caso de parada cardíaca. Para garantir a súa eficacia, imparteuse un curso sobre o seu uso ó que asistiron traballadores municipais, no que participaron a Policía Local e o encargado do Pavillón Torques, de Marzán.

«O Concello fixo este investimento en cardioprotección porque sabemos que pode salvar vidas. Os últimos estudos din que na provincia de Lugo falecen 300 persoas ó ano de morte súbita por parada cardíaca; e nestes casos cada minuto que pasa redúcese un 10 por cento a probabilidade de recuperación», siñalou a concelleira de Sanidade, Milagros Louzán, que lembrou que «cando estaba na oposición o actual concelleiro de Comercio e Turismo, Chema Linares, redactou unha moción para transformación de Foz en espazo cardioprotexido. Cando redactamos o noso programa electoral reflectimos nel esta demanda porque queremos que o noso pobo chegue á taxa de 10 desfibriladores por cada 10.000 habitantes».

 

Sin dar de alta ni formación

Milagros Louzán engade: «A ta agora no Concello de Foz dispoñiamos dun desfibrilador situado no pavillón Torques, de Marzán, pero este aparato non estaba dado de alta, non contaba con vitrina, nin con sinaléctica, nin con todo o material funxible que a lei esixe para un aparato destas características. Ademais ningunha persoa contratada polo Concello tiña o curso para utilizalo en caso de emerxencia. Por outra banda Protección Civil conta con dous desfibriladores, pero a un deles falláballe a batería e ambos necesitaban dotación de material funxible e mochilas para gardalos axeitadamente. Entón nunha primeira intervención puxéronse a punto os que xa tiñamos: colocáronse a sinaléctica e a vitrina no Pavillón Torques, de Marzán, e repuxéronse todos os materiais funxibles necesarios. Con respecto ós desfibriladores de Protección Civil comprouse unha batería nova, repuxéronse os funxibles que faltaban e compráronse as mochilas para levar os desfibriladores e o material auxiliar. Por outra banda compráronse dous DESA (desfibrilador externo semiautomático) e todos os elementos que a lexislación esixe para o seu rexistro».