En Foz ofrecen regalos a quien haga compras por más de 10 euros

S. Corral FOZ / LA VOZ

FOZ

Linares, Cajoto y Paleo presentando la campaña Impulsa Foz, en apoyo al comercio local
Linares, Cajoto y Paleo presentando la campaña Impulsa Foz, en apoyo al comercio local cedida

Será hoy y mañana dentro de la campaña Impulsa Foz, del Acia-CCA

10 dic 2020 . Actualizado a las 21:46 h.

El Concello de Foz promociona el comercio local en colaboración co la ACIA-Centro Comercial Aberto en una campaña novedosa: harán regalos hoy y mañana a quienes realicen compras por más de 10 euros. La campaña se llama Impulsa Foz.

El concejal de Turismo y Asuntos Económicos, Chema Linares, señala que tratan de apoyar de este modo al pequeño comercio local, dadas las dificultades que atraviesa debido al covid: «Somos coñecedores das dificultades que están a pasar os comercios nesta crise. Cremos que esta campaña, na que colabora a Acia local é un aliciente para que máis xente se achegue a Foz a realizar as súas compras: con precaución sempre, pero máis que nunca temos que pensar en axudar a todas as nosas veciñas e veciños autónomos que teñen unha pequena tenda e esquecernos por un momento das grandes plataformas dixitais multinacionais».

Chema Linares explica la campaña: «Todos aqueles que fagan compras superiores aos dez euros o venres 11 e sábado 12 de decembro nos comercios adheridos á campaña, poderán achegarse co seu ticket de compra á caseta situada diante do Concello. Por cada ticket será entregado un vale sorpresa cun agasallo seguro. Hai 4 agasallos diferentes, polo que esperamos que todos vos animedes a participar. A caseta estará aberta o venres de 17.00 a 20.00 horas e o sábado de 11.00 a 14.00 horas, nun horario suficiente para evitar calquera tipo de aglomeración».

Por su parte el alcalde, Fran Cajoto, espera que «esta campaña sexa un aliciente para vir a Foz, pasear e tamén desfrutar da nosa hostalería, que dispón de claros exemplos de cómo se poden facer ben as cousas na prevención da covid e que aínda así está a sufrir as consecuencias económicas da pandemia».

Fran Cajoto añade que «ao ladiño mesmo da caseta de promoción, tamén diante do Concello, haberá unha segunda instalación con fotos de Foz. Temos lugares ben fermosos e estas imaxes son unha pequena representación deles. Dende o venres 11 e ata o martes 15 de decembro todo aquel que se saque unha foto diante destas imaxes de Foz e a suba ás súas redes sociais ?facebook, instagram ou twitter- co hastag #impulsafoz entrará no sorteo de 2 premios, consistentes en vales de compra no noso comercio local (200 euros para o primeiro premio e 100 euros para o segundo). Esperamos que moita xente se anime, debemos coidar Foz e promocionalo entre todas e todos. Podemos estar ben orgullosos do sitio no que vivimos. Isto non deixa de ser un aliciente máis para achegarse á nosa vila. Co alumeado de Nadal acendido e con recunchos con decorados tan espectaculares como o barco Joaquincito, en Tupide, ou a gran árbore de Nadal na Glorieta de Vilalba, pasear polas nosas rúas este mes de decembro é a mellor opción».

Desde La Voz animamos también a todos los mariñanos a comprar esta Navidad en el pequeño comercio de cada una de las localidades.

E en Viveiro o concello lanza apps para enviar cartas aos reis Magos e para unha gyncana

A delegación de Cultura do Concello de Viveiro, que dirixe Lara Fernández, creou unha app para enviar postais reais aos Reis Magos, de xeito que os nenos e nenas do municipio poidan comunicar por carta a Melchor, Gaspar e Baltasar os seus desexos para o 6 de xaneiro.

Desde o Concello animan ás crianzas a contarlles ás súas Maxestades como lles foi e que fixeron durante un ano tan atípico como o 2020, que propósitos teñen para o 2021 e pedir algún agasallo. As misivas escanearanse ou fotografaranse e subiranse de forma sinxela á web https://www.postaisreais.com/, co 28 de decembro como data límite para facelo. Todos aqueles pequenos e pequenas que participen recibirán unha resposta personalizada dun paxe real designado polos Monarcas de Oriente para a ocasión.

Por outra banda, a app ‘Tras os Pasos do Elfo' permitirá a nenos e grandes participar nunha gymcana con actividades tanto online como offline. Trátase dun percorrido cultural que agocha pistas en distintos lugares de Viveiro. Coa primeira delas obterase un código que permitirá abrir unha das portas da web. Na páxina hai distintas probas e adiviñas -xogos de memoria, puzles, sopas de letras ou quebracabezas- que resolver.

A última pista leva ao Elfo, a quen se lle poderá entregar unha carta para un buzón de Papá Noel disposto en colaboración do Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV). As dúas aplicacións son gratuítas e desde a delegación de Cultura do Concello de Viveiro animan a participar para vivir a ilusión destas datas, en especial os mais pequenos, doutra maneira.