Piden á Xunta «implicación» para oficializar o Camiño do Mar como ruta xacobea


foz / la voz

A secretaria provincial e deputada socialista, Patricia Otero, anunciou onte en Foz unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar ao Goberno de Feijóo que recoñeza a ruta xacobea Camiño do Mar, e que sexa incluída na promoción do Xacobeo 2021.

Fíxoo acompañada de alcaldes e representantes da comarca polas que discorre este trazado, así como do presidente da Asociación que impulsou este traxecto, Amigos do Camiño do Mar, e que preside Manuel Vicente.

Patricia Otero reivindicou dende a Basílica de San Martiño de Mondoñedo, punto de encontro desta Ruta, «unha maior implicación da Xunta na promoción e na proxección deste trazado. Este novo recoñecemento, que discorre polas vilas lucenses de Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro e O Vicedo, contribuirá de xeito decisivo a impulsar o turismo nesta comarca, que estivo tan afectada trala pandemia do covid-19», remarcou. Hai que lembrar que esta traxecto continúa na provincia da Coruña, vía Mañón, Cariño, Ortigueira, Cedeira, Valdoviño e Narón ata Neda. A Deputación de Lugo aprobou por unanimidade este recoñecemento.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Piden á Xunta «implicación» para oficializar o Camiño do Mar como ruta xacobea