O BNG logra que Foz aprobe un cambio nos sinais da estrada N-642 para facilitar o acceso á ITV

La Voz FOZ / LA VOZ

FOZ

PEPA LOSADA

14 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O pleno municipal de Foz aprobou unha proposta do BNG para modificar a sinalización da estrada N-642 co obxectivo de facilitar o acceso e a saída da Inspección Técnica de Vehículos (ITV) situada en Cangas de Foz. Actualmente, tanto o acceso como a saída das instalacións efectúanse no mesmo sentido (dirección Burela), sendo imposible a reincorporación á estrada sentido Foz. A Policía Local de Foz elaborou un informe que se adxuntou á iniciativa cunha proposta de modificación do pintado para variar os posibles movementos.