A Xunta ofrece apoio á dona da vivenda afectada por un incendio en Foz


foz / lA voz

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, trasladou á propietaria do inmoble de San Martiño (Foz) afectado por un incendio, as liñas de apoio que a administración autonómica ten previstas ante sinistros desta natureza.

O delegado puxo a disposición da muller afectada os servizos de apoio da administración autonómica tanto para solucionar a necesidade inminente de vivenda como para valorar a reconstrución do inmoble danado polo lume.

No primeiro dos casos, José Manuel Balseiro explicou que existen dúas alternativas: «En primeiro lugar, optar polo bono de alugueiro social. A propietaria podería alugar calquera vivenda e recibir unha axuda da Xunta de douscentos euros ao mes durante tres anos. Ademais, poderáselle conceder unha axuda complementaria por un importe adicional e único de seiscentos euros», sinalaba José Manuel Balseiro.

Agradecemento de Cajoto

Neste sentido, o alcalde de Foz, o socialista Francisco Cajoto Caserío, manifestou que desde o Concello focense agradecen o apoio e as alternativas ofrecidas pola Xunta de Galicia.

«Desde o Concello valoramos moi positivamente esta disposición da Xunta porque cremos que esta é a forma de traballar. É a forma de manifestar colaboración entre todas as Administracións», manifestou o rexedor do Concello focense.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A Xunta ofrece apoio á dona da vivenda afectada por un incendio en Foz