Estudantes da FP dual do IES de Foz visitan París, en actividades da súa bolsa de mobilidade

La Voz

FOZ

CEDIDA

27 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Alumnos e alumnas de formación profesional dual do IES de Foz atópanse en París participando en actividades da súa bolsa de mobilidade, segundo informan desde o centro educativo focense. Están acompañados pola profesora de francés do instituto, Elena Méndez.

Durante sete días están visitando institutos de hostalería, hoteis e restaurantes, ademais de realizar percorridos turísticos pola capital francesa, naturalmente, que non todo vai ser aprendizaxe de cociña. Na xornada de onte martes elaboraron e serviron os pratos do menú co alumnado do centro francés Lycée Jean Drouant; na imaxe pódense ver na cociña do liceo, precisamente preparando os menús.

Unha estancia formativa para aprender da cociña francesa e do liceo francés, e á vez compartir experiencias, que de seguro ha ser de proveito para o estudantado de Hostalería.