A poesía de Eduardo Estévez inaugura esta tarde o ciclo A Festa da Palabra en Foz

A Pomba do Arco invita a un recital que empeza ás 20.30 horas


foz / la voz

A Asociación Socio Cultural A Pomba do Arco da comezo hoxe á Festa da Palabra, cun recital poético ás 20:30 na Sala de Exposicións do Cenima que correrá a cargo a cargo do recoñecido escritor galego Eduardo Estévez, que fará un percorrido pola súa traxectoria poética.

Eduardo Estévez, nado en Bos Aires en 1969, é un dos poetas máis recoñecidos da poesía galega cun importante número de galardóns e un espazo senlleiro entre as voces da xeración dos noventa. Autor de diversos poemarios, destaca tamén como promotor de diversas iniciativas editoriais así como na promoción de recitais ou encontros poéticos.

A Festa da Palabra continuará mañá cun recital de Estíbaliz Espinosa, tamén no Cenima ás 20.30 horas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

A poesía de Eduardo Estévez inaugura esta tarde o ciclo A Festa da Palabra en Foz