Foz acolle desde hoxe un curso para familiares e coidadores de enfermos con demencias

Continuará o 27 e os días 2 e 3 de decembro


foz / la voz

Foz acolle un curso titulado Xuntos nos coidados, que dará comezo hoxe, martes, na Casa da Cultura. Está destinado a familiares e coidadores de persoas con demencias e continuará este mércores, 27 de novembro, e os días 2 e 3 de decembro.

A concelleira de Servizos Sociais e Familia de Foz, Ana Rojo, anuncia que «maña, día 26, comeza o curso Xuntos nos coidados, impartido por Gema Fernández Rey, psicóloga de AFAN (Asociación de Familiares Enfermos de Demencias Neuroxenerativas e de Alzheimer)».

A edil engade que «este curso impartirase na Casa de Cultura de Foz, coa colaboración do Concello de Foz, a través da Delegación de Servizos Sociais,e da Consellería de Política Social, e organiza a Federación Alzheimer Galicia (FAGAL). O curso será impartido os días 26 e 27 de novembro e o 2 e 3 de decembro en horario de 17 e 19 horas, para que todos os familiares coidadores puideran ter un horario adaptado ás necesidades do enfermo. Está destinado a familiares e coidadores de

persoas con demencias e outras enfermidades neurodexenerativas». Ana Rojo sinala que «aínda hai tempo para inscribirse e pode facerse no teléfono 982.580.616, a través do correo afam.burela@gmail.com ou en Servizos Sociais de Foz.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Foz
Comentarios

Foz acolle desde hoxe un curso para familiares e coidadores de enfermos con demencias