«Queremos que o colexio Martínez Otero sexa un centro cardioprotexido»

A Asociación de Nais e Pais do colexio venderá pulseiras para mercar un desfibrilador na Festa das Familias na tarde do sábado


foz / la voz

Mercar un desfibrilador para o colexio Martínez Otero de Foz é a meta que actualmente ten en mente a Anpa do centro escolar. Puxo en marcha unha iniciativa benéfica vendendo pulseiras, da que informa nesta entrevista a tesoureira da asociación, Mercedes García. Queren dárlle un pulo á venda na Festa das Familias este sábado 16, no pavillón.

-Xa levan arredor de 200 vendidas. Canto é necesario vender?

-Si, levamos unhas 200 vendidas. Pero para conseguir o desfibrilador temos que vender 400, para conseguilo coa vitrina 450 e con máis, poderiamos facer xa o curso homologado.

-Confían en alcanzar o reto?

-Creo que si, porque o ritmo de venda é bastante bo. Algún socio que ten tenda as vende nela e, ademais, algunha xente xa no las pide. Ao saír a campaña na prensa, tamén nos axudou máis aínda.

-Por que cren que hai esta concienciación sobre a dotación dun desfibrilador nos colexios?

-Pensamos que sempre foi importante. Como Anpa, cremos que para o colexio era unha moi boa idea xa que é un centro volcado co deporte. Xa se teñen feito cursillos impartidos polo 061, pero sen ter o desfibrilador. Despois, tamén inflúe os últimos feitos que ocorreron como o alumno ou o señor infartado en Foz. Unha vez que o teñamos, estará a disposición de todo o mundo.

-Iso hai que destacalo.

-Imaxina que lle dá un infarto a un señor preto do colexio, se xa saben que aquí hai un desfibrilador poden achegarse a por el. O centro ten a responsabilidade de telo ao día e con todo en orde. É para o cole, pero realmente servirá para que se poda dispoñer del en caso dunha emerxencia. Queremos que o colexio sexa un centro cardioprotexido.

-Por que elixiron a venta de pulseiras nesta campaña benéfica?

-Hai asociacións que fan outras cousas para conseguilo; nós optamos pola venta de pulseiras. Son pulseiras que chaman a atención, dunha marca... Comprando unha é unha forma de colaborar.

-Quenes están detrás da directiva da Anpa do Martínez Otero?

-Eva Soto é a presidenta, Mercedes García que son eu, a tesoureira, e Rubén Saá o secretario.

-Canto tempo fai que integran esta xunta directiva?

-Empezamos a mediados do curso pasado. Fixemos máis actividades. É unha maneira de dicir que estamos aquí traballando.

-Unha Anpa, sempre é necesaria, verdade? É unha canle aberta entre o centro e as familias.

-Aparte, facemos cousas. Agora de cara ao Nadal está proposto un campamento, un concurso de postais, etcétera.

-Cantos socios teñen agora?

-Agora, 38 familias asociadas. A cita do sábado, a Festa das Familias, é moi importante para nós; algo que recuperamos. É unha maneira de coñecernos as familias e de pasar unha tarde xuntos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

«Queremos que o colexio Martínez Otero sexa un centro cardioprotexido»