O Ceip 1 de Foz convoca a pais e nais de alumnos a unha reunión importante o luns no Cenima


foz / la voz

O equipo directivo e mestres do Ceip de Foz Número 1 convocan a nais e pais de alumnos do centro a unha importante reunión que terá lugar este luns no Cenima ás 20 horas para falar do comezo do curso escolar.

Nun comunicado remitido onte desde o Ceip Número 1 de Foz explican: «Queremos informar que este luns, día 9 de setembro, terá lugar ás 20 horas no Cenima unha reunión dirixida a todas as familias que forman parte deste centro; nesta reunión serán informados debidamente das obras acometidas no noso centro e tamén de como se levará a cabo o inicio deste curso escolar 2019/20. Debido á importancia que reviste este tema -de interés para todos os pais e nais de alumnos- pregamos a asistencia», conclúen.

A idea é falar de como vai ser o inicio do curso e das obras feitas no colexio

Educación xa dixo que o curso comezaría con normalidade en Foz, Cervo e Burela o día 11

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Ceip 1 de Foz convoca a pais e nais de alumnos a unha reunión importante o luns no Cenima