O exiliado Fayed Badawi charlará este martes en Foz sobre a situación en Palestina

La Voz FOZ / LA VOZ

FOZ

Oscar Vazquez

22 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A asociación A Pomba do Arco organizará este martes, 23 de xullo, ás 20.30 horas na Casa da Cultura Manuel María de Foz unha conferencia sobre a situación social e política nos territorios ocupados de Palestina no actual contexto de crise, desestabilización e guerra que se está a vivir en Oriente medio. O conferenciante será o voceiro da Fronte popular de liberación de Palestina para Europa, Fayed Badawi, nacido no 1955 no campo de refuxiados palestinos de Tal az-zatar, en Beirut leste, destruído en 1976.