«Cremos que aumenta a concienciación de valorar a unión do pequeno comercio para darlle máis visibilidade»

m.c. foz / LA VOZ

FOZ

23 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

José Carlos Paleo preside a ACIA-Centro Comercial Aberto de Foz, volcado na promoción do comercio local a través da campaña Compra na Mariña, Desvirtualízate e que prepara xa a sexta edición da Festa Vintage.

-Como está sendo a repercusión da campaña «Desvirtualízate»?

-Facemos unha valoración en positivo. Cremos que cada ano aumenta a concienciación de valorar a unión do pequeno comercio para darlle máis visibilidade. O cliente, no seu primeiro click ten estar pensando no comercio local, pensando no disfrute dos nosos pobos. Os nosos comercios axudan a facer pobo e tamén colaboran en todo tipo de eventos culturais, deportivos... que se celebran ao longo de todo o ano. O comercio está detrais de cada cartel.

-Como foi esta campaña de primavera e como afrontan a do inicio do verán?

-Foi unha boa Semana Santa, pero agora está o inconvinte do tempo que está activando as rebaixas. O único que fai este tempo inestable é axilizar os descontos e incrementalos. A rendabilidade desaparece da campaña de primavera, pero non hai outra forma que seguir e de prepararse para a seguinte campaña.

-Que tipo de campañas desenvolverán durante os meses do verán?

-Aproveitaremos a afluencia de visitantes en xullo e agosto para darlle visibilidade ao comercio local na rúa. Será con iniciativas as últimas fins de semana de cada un deses meses.

-Que outras accións teñen previsto a medio prazo?

-Temos que xuntarnos co novo equipo de goberno e enfocar o que vai ser o novo mandato.

-O Concello é unha peza importante para o CCA.

-O Concello é unha das patas do Centro Comercial Aberto e esperamos seguir na mesma liña, traballar conxuntamente e, se se pode incrementar as axudas, moito mellor. Xa tiveramos unha reunión en campaña cos integrantes do actual equipo de goberno, pero temos pendente unha reunión.

-Manterase a feira exposición do verán?

-O Concello é unha pata do CCA e a Xunta, outra delas. Primeiro, confiamos en que a feira se siga facendo posto que non representa un desequilibrio económico e complementa mellor a segunda quincena de agosto como unha alternativa de ocio diferente no programa de actos de Foz.