A guerrilla antifranquista mariñá polas terras da Serra do Xistral

La Voz FOZ / LA VOZ

FOZ

XOAN A. SOLER

Manuel Gago presenta este venres na libraría Bahía de Foz, ás 20.30, «O exército do fume»

28 mar 2019 . Actualizado a las 20:00 h.

Venres 29?•?20.30 horas?•?Libraría Bahía?•?O colectivo Memoria da Mariña, do que é portavoz Xosé Luis Fernández Rivera, achega a Manuel Gago a Foz nesta entrada da fin de semana para presentar o seu libro O exército do fume, directamente ligado coa recuperación da memoria histórica, tal e como suliña. «Os protagonistas da obra de Gago ?engade? son os os grandes heroes da resistencia armada ao franquismo como Luis Trigo O Gardarríos ou Xosé Temblás e os escenarios da súa obra os montes da Serra do Xistral ou as estivadas do Cadramón». Rivera indica que se pretende tamén «cuestionarmos en que medida sabemos do noso pasado real. Unha novela sempre é ficción. Pero dentro desa ficción, nesta novela, ás veces as cousas aparentemente máis fantásticas son totalmente verídicas» e viceversa. A Gago preséntao no acto focense Xoán Ramón Fernández Pacios.