Pastelería Amarena gaña o concurso de escaparates en Foz

Electricidad Núñez e Viajes Rodríguez foron tamén premiados


FOZ / LA VOZ

O Centro Comercial Aberto de Foz entregou os premios aos gañadores do Concurso de Escaparates e Fachadas, que foi convocado nas pasadas festas de Nadal.

O xurado decidiu que o primeiro premio fose para Pastelería Amarena, o segundo para Electricidad Núñez e o terceiro para Viajes Rodríguez. E Monda Proxectos obtivo o premio á mellor fachada. Os donos e donas destes establecementos recibiron como agasallos un diploma e unha figuriña conmemorativa, que lles foron entregadas polo presidente, polo vicepresidente e pola secretaria de ACIA/CCA de Foz, José Carlos Paleo, José Ginzo e Olaya Pedrosa. O escaparate de Pastelería Amarena foi tamén o máis votado a través da páxina de facebook do CCA de Foz. Coincidiron as opinións do xurado e do público.

Monda Proxectos obtivo o premio á mellor fachada; este concurso foi convocado pola ACIA-Centro Comercial Aberto de Foz nas pasadas festas do Nadal

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Pastelería Amarena gaña o concurso de escaparates en Foz