«Como convertir o negocio nunha empresa de éxito?», charla este luns tamén en Foz

La Voz FOZ / LA VOZ

FOZ

PEPA LOSADA

O ponente será Alberto Ferreiro, empresario, conferenciante e formador de emprendedores

26 ene 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Hai que lembrar tamén que o Centro Comercial Aberto de Foz organiza neste mes de xaneiro un ciclo de conferencias titulado, «Impulsa o teu negocio». Están dirixidas a autónomos e empresarios.

O poñente é Alberto Ferreiro, empresario, conferenciante, mentor e formador de emprendedores, autónomos e empresarios con máis de quince anos de experiencia no mundo dos negocios.

A primeira charla, «¿Es escravo ou dono do tu negocio?», tivo lugar o pasado luns na Casa da Cultura de Foz e asistiu medio cento de persoas, na meirande parte pequenos empresarios.

O éxito dunha empresa

E a segunda charla será este luns o 28 de xaneiro na Casa da Cultura ás 20:30 horas. Esta leva por título, «Cómo converter o teu negocio nunha empresa de éxito». Un título atractivo e de interés para os emprendedores e pequenos empresarios e comerciantes. Nela poñerase o foco sobre os puntos máis importantes que determinan hoxe en día o éxito dunha empresa, e non

soamente referido á conta de resultados senón a acadar un estilo de vida que permita disfrutar ao máximo dos proxectos tanto profesionais como persoais.