Maridaxe cultural de música e poesía en Foz

Este xoves, nunha nova iniciativa de A Pomba do Arco, estarán xuntos Ricardo Seixo e o grupo Maraxe


foz / la voz

Ricardo Seixo é mestre e poeta e "entende a escritura como un compromiso vital coa realidade na que vive e co país ao que pertence", sinala A Pomba do Arco. O grupo Maraxe é un conxunto de música tradicional galega e portuguesa. Ambos compartirán escenario na presentación do último libro de poemas do primeiro, chamado Versos noctámbulos. Abracei a noite para bicar o amencer, con pezas que interpretará o grupo musical. Esta cita, espectáculo musical e poético, terá lugar este xoves 24 ás 20.30 horas na Libraría Bahía de Foz, promovida pola citada asociación cultural, que convida "a toda a veciñanza da Mariña a este acto poético musical que se enmarca na liña de traballo do colectivo de divulgar a cultura galega".

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Foz
Comentarios

Maridaxe cultural de música e poesía en Foz