O CCA de Foz entrega hoxe ao Celtas unha gran bandeira para animar ó equipo

La Voz FOZ / LA VOZ

FOZ

19 ene 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O Centro Comercial Aberto de Foz fará hoxe, sábado, entrega dunha bandeira de grandes dimensións destinada á afección do equipo de baloncesto local, o Celtas CCA de Foz. Será antes do encontro que os enfrontará en Marzán ao Allariz ás 18:00 horas. A bandeira mide 54 metros cadrados (9x6) e servirá para animar aínda máis ao Celtas CCA de Foz, desde as bancadas do pavillón de Marzán.