Da historia normanda, da imaxinación, do enxeño

La Voz CRÓNICAS FOCEGAS

FOZ

20 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Os días 24, 25 e 26 do mes actual, celébrase en Foz a VIII Festa Normanda; efeméride histórico/lendaria que entronca coa máis soada das tradicións populares da bisbarra. En 1976 ?hai xusto 42 anos? publicaba este cronista o seu primeiro libro ?Guía Histórica e Artística de San Martiño? que era tamén o primeiro que se editaba sobre a devandita igrexa, ex/catedral e actual basílica; precedente da Diócese de Mondoñedo.

Cando nos afanábamos recompilando datos referidos á mesma, na vella biblioteca parroquial dimos cun vetusto documento que, extractado, di: «El más notable, al que el pueblo canonizó como Obispo Santo, fue un Gonzalo cuya existencia se centra en el siglo IX, sin que se pueda precisar los años en los que gobernó la diócesis, pues la información es debida a la tradición oral, sin documentar, por tanto; lo que motivó que algunos dudaran de su existencia…».

O Padre Flórez, na súa España Sagrada, refire tamén a personalidade deste Gonzalo e, en 1715, faino o bispo de Mondoñedo, don Manuel Navarrete. En vello documento, medio carcomido polo paso do tempo, puidemos ler, referido á miragre das naves normandas: «Habiendo arribado a la costa del mar de Foz una numerosa armada de normandos que venían a robar las iglesias y habitantes, y a extinguir la fe que profesaban; no fiando la defensa a las fuerzas humanas se valió de las divinas y, desnudos los pies y con una cruz a cuestas, ordenó una procesión…», ata chegar ó alto da Grela, dende onde implorou ó Noso Señor a súa protección, que se consumou, «quedando todo el pueblo, y aún todo el reino, lleno de admiración por el prodigio…» ¿Pode darse por real este feito?

O cronista omite todo xuízo de valor, xa que de tratarse, como algúns din, «dunha cuestión de fe», e posto que esta é algo persoal e intransferible, cada quen que administre a súa… Para nós, a hipotética polémica carece de interese e apuntámonos á coñecida sentenza: «Si non é vero é bene trovatto»; e preguntámonos se, no seu caso, a imaxinación, o sentido do humor e o enxeño, ¿non son valores a ter en conta…? ¡Disfrutemos deles! ¡E feliz Festa Normanda!

*Suso Fernández é cronista oficial de Foz e fillo predilecto.