Os Cajoto contra Álvaro Cunqueiro

Juan José Rivas SECRETARIO DO PP DE FOZ

FOZ

26 jun 2018 . Actualizado a las 21:57 h.

Despois do estrepitoso fracaso da charla fallida do PSOE de Foz en contra da obra de Álvaro Cunqueiro, charla á que non acudiron nin os seus propios afiliados, volvemos a ver outro episodio de ataque sanguinario a esta obra.

Nesta ocasión o ataque vai dirixido contra a dirección de obra e o contratista, en particular contra o bo ritmo e as melloras que se están a realizar.

Xa sabemos que aos Cajoto non lles gusta que se estea a reformar o centro urbano. Primeiro presentan a título persoal a única alegación existente contra a obra en Álvaro Cunqueiro, co claro obxectivo de retrasar a obra, esgrimindo poucos argumentos e simplificando todo en que a obra non é necesaria; unha alegación que, por certo, foi desestimada no pleno. E agora volven con as mentiras, esta vez dicindo que se están a usar materiais peores aos definidos no proxecto, para así non pagar ao contratista e con elo parar a obra.

Eu creo que o PSOE de Foz usa aos Cajoto para xogar a "pleitear" coa opinión pública contra a obra de Álvaro Cunqueiro, chegando incluso a discutir decisións da dirección de obra para opoñerse a pagar certificacións de obra con informes favorables, co único obxectivo de evitar que o pobo progrese.

Os informes da dirección de obra aconsellan non tirar o diñeiro -máis de 70.000 euros- en cambiar o saneamento, que se atopa en boas condicións -así o acredita a auditoría que se encargou-, e reinvestir ese diñeiro en duplicar a rede de pluviais para con elo diminuír os riscos de posibles inundacións nunha vía sen pendente natural.

É verdadeiramente fachendoso que o PSOE de Foz, por mediación dos Cajoto, queira desestabilizar as obras non pagándolle á empresa que está a facer un esforzo inversor incrible, avanzado con rapidez para evitar as molestias a veciños e comerciantes, e que veñan con desinformacións nesgadas para proxectarse politicamente a conta dos intereses do resto dos veciños.

Reto ao señores de Cajoto a que se cren que se están a cometer irregularidades preiteen de verdade e se acerquen ao xulgado máis próximo a denuncialas, ademais así aforran o gasto en avogados.

O resto é política rastreira de fins de semana, de personaxes descoñecidos que buscan popularidade a conta do esforzo dos demais, e cando digo demais refírome ao goberno local e as asociacións que levan loitado máis de 3 anos por esta obra, antes incluso de que estes señores tivesen o máis mínimo interese polo pobo, polo esforzo de contratistas e obreiros, que traballan con ilusión nas obras, ou polos comerciantes e veciños que disfrutarán en poucos meses dun centro urbano moderno e funcional.

Señores do PSOE de Foz, déixense de facer política destrutiva e aporten algo para o pobo, non soamente facerse fotos en obras que solicitou, xestionou e construíu este goberno municipal.

Juan José Rivas, Secretario do PP de Foz