Cagiao, finalista dos Mestre Mateo, dirixiu o documental do IES de Foz sobre a lingua galega

La Voz FOZ / LA VOZ

FOZ

CEDIDA

O traballo foi presentado publicamente antonte na Casa da Cultura

14 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O equipo de dinamización da lingua galega do IES de Foz estreou antonte na Casa da Cultura o documental En galego en Foz. Catro alumnas que participaron explicaron o traballo realizado, diante e detrais das cámaras. Este documental tamén contou coa participación de profesores e doutros colaboradores co obxectivo «é non só motivar o idioma galego senón tamén coñecer historias de persoas do pobo de diversos oficios e idades». Na primeira avaliación os alumnos seleccionaron aos protagonistas e en febreiro realizaron as entrevistas. Durante os meses de maio e xuño montaron o vídeo. A montaxe a a dirección son obra de Roi Cagiao, profesor do instituto focense e finalista na última edición dos premios Mestre Mateo coa sua obra Vigo 1972. O son e a música orixinal son froito da colaboración de Alberto Aguado, profesor do IES Illa de Sarón, de Xove.

Julia Vidarte, Otilia Fernández, Fina Díaz, Marcelino Villarino, Rosa Calvo, Eddy Varela, Antón Valín ou Daniel Val figuran entre os entrevistados. Cada un ten unha profesión distinta, pero todos empregan o galego como lingua habitual.