«Hai un concepto equivocado deste deporte, non somos sacos de boxeo»

La Voz

FOZ

Entrevista a Vanessa Ares, campiona galega de kickboxing

21 abr 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Xa pasaron varias semanas desde que acadou o título autonómico, pero a emoción e a euforia seguen latexando no corpo de Vanessa Ares (Burela, 1981), una loitadora con agallas que se deixa a alma en cada adestramento e en cada combate. «E non para gañar», matiza. Sube ó ring para estar en forma e gozar dun deporte que defende coa mesma vehemencia coa que encara os avatares da vida.

?¿Cando e por que empezou a practicar kickboxing?

?Aínda que pareza raro, sempre me chamaron moito a atención os deportes de contacto e tiña interese en probar. Hai uns sete anos entereime que había un club en Burela e non o dubidei. Alá fun e gustoume desde o primeiro día. Desde hai dous anos formo parte do A Veiga Fighter de Vegadeo.

?Non é unha afección moi habitual nas mulleres. ¿Que lle din a familia, os amigos...?

?Ao principio dicíanme que esta tola, agora xa o teñen asumido. O problema é que a xente ten un concepto equivocado deste deporte, pensa que subimos ao ring a recibir paus e non é así, non somos sacos de boxeo. O kickboxing apórtache moitas cousas.

?¿Por exemplo?

?Autoestima, seguridade, tranquilidade..., e sobre todo, moita fortaleza física e mental. É un deporte no que exercitas todos os músculos do corpo e que tamén che obriga a traballar moito coa cabeza. No meu caso, que son nai de dous fillos, váleme tamén para desconectar e cargar as pilas. No ring esquéceste de todos os problemas.

?Ao parecer hai cada vez máis mulleres.

?Neste deporte segue habendo moito machismo, moitas mentes retorcidas, pero afortunadamente as cousas parece que están cambiando. O boxeo é un deporte en auxe nas mulleres e no kickboxing cada vez somos máis. Cando empecei en Burela eu era a única muller.

?Para dedicarse a isto haberá que ter carácter. Non imaxino a unha persoa tímida pelexando nun ring...

?Hai que ter carácter, así é, se non machácante, aínda que o ring transfórmate.

?¿Saber kickboxing quitouna dalgún apuro?

?Non, non... Pero si algunha vez me vexo deféndome seguro.

?¿Gustaríalle que os seus fillos seguiran os seus pasos?

?Véxoo difícil. Os dous son moi futboleiros.

?Hai uns días foi recibida no Concello de Foz. ¿Que tal a experiencia?

?Moi boa. O alcalde sempre se porta moi ben comigo.