A Mariña máis creativa verase no Cenima de Foz

S. C. FOZ / LA VOZ

FOZ

Presentación onte na fábrica de Sargadelos da Semana das Artes Plásticas, do 10 a 13 no Cenima.
Presentación onte na fábrica de Sargadelos da Semana das Artes Plásticas, do 10 a 13 no Cenima. p. losada< / span>

Pintores, escultores, ceramistas, fotógrafos, participan nesta exposición

08 abr 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

na semana das artes plásticas do 10 ao 30 de abril

Apunten estes nomes: Xosé Blanco, Daniel Caxigueiro, Celso Dourado, Mauro Leivas, Ernesto G. Torterolo, Laly Santos, J. María P. Rielo, Antonio Rodríguez, Pili Rei, Lucía Catuxo, Zili Katova, Cris Basanta, Lucía Vila, Xoán Guerreiro, Eva Rivas, Patricia Arellano, Martín Lestao, Neira Brochs, Alberto Pena, Juanel Ponte, Carmen Llonín, Otero Regal, Ignacio Castro, David Catá, Ana Sánchez, Julián Bouza, Balbina López Santos, Alvaro Trincado e Manuel Villagordo.

Son os/as artistas mariñáns que exporán as súas obras no Centro de Interpretación da Mariña Lucense, Cenima, de Foz dende o 10 ao 30 de abril dentro da Semana das Artes Plásticas da Mariña. A Mariña máis creativa, con todo o pulo creador, que poderá verse ao longo deste mes.

O programa, cartel e catálogos foron presentados onte na fábrica de Sargadelos, nun lugar ben simbólico. ¿Por qué en Sargadelos? Polo que ten de emblemática esta fábrica refundada por Isaac Díaz Pardo e Seoane. Pola súa identidade cultural, coa Mariña e con Galicia.

A idea é que o público coñeza a obra dos nosos artistas e en especial os escolares con visitas guiadas nas que os propios artistas explicarán as súas obras aos estudantes. Xerardo López, Pedro Cabarcos e Daniel Caxigueiro explicaron estas e máis cousas onte na presentación en Sargadelos.

Lembraron que esta iniciativa nacera no colexio de Cervo, logo foi prendendo noutros centros ata chegar agora a unha exposición colectiva, ampla, representativa, no Cenima focense: lugar ideal, céntrico na comarca mariñana.

Charlas

A Semana das Artes inclúe actividades paralelas, como charlas sobre arte organizadas pola asociación cultural A Pomba do Arco de Foz, e un día de actividade con nenos e nenas coa organización Ta en Artes.

Os impulsores desta Semana das Artes Plásticas agraderon a colaboración dos concellos que facilitan o transporte dos estudantes. Tiveron un especial agradecemento ao Concello de Foz, por ceder persoal e instalacións, á Fundación Indecum e á vicepresidencia primeira da Deputación Provincial de Lugo e a Área de Cultura, que preside o mariñán Antonio Veiga, que lles deu todas as facilidades para a preparación desta exposición.