Foz lembra a Rosalía de Castro

María Cuadrado Fernández
M. CUADRADO FOZ / LA VOZ

FOZ

O acto de mañá completarase co Festival dos Namorados, cun obradoiro de banda deseñada e cun espectáculo de contacontos

23 feb 2015 . Actualizado a las 20:52 h.

Mañá martes desenvolverase no concello de Foz o primeiro acto da programación das Letras para conmemorar o Día do Libro, que se celebrará o 23 de abril e o Día das Letras Galegas, que é o 17 de maio. Da man da biblioteca municipal focense, o Concello organizou para esta tarde, de 17 a 19 horas, o programa "Rosalía nas Ondas", a través de Radiofoz. Ademais, o sábado 7 de marzo, ás 20 horas, celebrarase o Festival dos Namorados, no que actuará o dúo do violinista Mijail Moriatov, que estará acompañado por un violonchelista e ofrecerá un concerto con música de F. Schubert, G. Verdi e J. Brahms. No mesmo acto entregaranse os premios aos galardoados no XIV Certame de Poemas de Amor. Tamén haberá un obradoiro de banda deseñada para mozos a cargo ?dun dos mellores da ilustración e do humor gráfico, como é Xosé Tomás, autor de Nómades e das ilustracións do libro Verdedades, de Yolanda Castaño, entre outros moitos?, explicou a bibliotecaria municipal, María Jesús Álvarez Sánchez. Será o 23 de abril, venres, ás 11:30 horas. Por outra banda, a bibliotecaria tamén anunciou que ?contaremos con Raquel Queizás, toda unha profesional do teatro  que formou parte do elenco de compañías como Os Monicreques de Kukas, A Xanela do Maxín e Galitoon, que nos traerá A maleta da avoa, un espectáculo de contacontos con obxectos e monicreques para nenas e nenos a partir de 3 anos?. Este acto está programado para o 15 de maio, venres, ás 18 horas. A organización destas actividades agradece a colaboración da Consellería de Cultura, a través do programa Ler conta moito.