Cervo destina máis de 70.000 euros ás entidades deportivas, sociais e culturais do concello

La Voz CERVO / LA VOZ

CERVO

El alcalde y  el edil de Deportes entregando una ayuda al Club Medela, el pasado día 21
El alcalde y el edil de Deportes entregando una ayuda al Club Medela, el pasado día 21 CEDIDA

O Concello colabora cos gastos de funcionamento

03 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Cervo destina máis de 70.000 euros ás entidades deportivas, sociais e culturais do concello.

«O Concello de Cervo está a proceder estes últimos días do ano ás sinaturas das diferentes axudas nominativas que están dirixidas ás diferentes entidades deportivas, sociais e culturais do municipio, que desenvolven un traballo fundamental no noso municipio de xeito totalmente altruísta en beneficio de toda a veciñanza», explicou o alcalde, Alfonso Villares.

«Destinamos algo máis de 70.000 euros do orzamento municipal para colaborar cos gastos de funcionamento destas asociacións que enchen de vida Cervo, con diferentes actividades ao longo de todo o ano e/ou que desenvolven un papel primordial en beneficio da comunidade», añadía o rexedor municipal, que está a manter encontros con representantes destes colectivos xunto cos concelleiros de cada unha das áreas correspondentes.

«Sabemos que este ano, que está a ser moi difícil para todos, tamén afectou sensiblemente ao día a día de todas estas asociacións, que viron tremendamente limitada a súa actividade por mor da pandemia do covid-19; pero agardamos que no vindeiro ano 2021 poidamos retomar -sempre priorizando a seguridade- parte desa vida e dese dinamismo que caracteriza ao municipio de Cervo, e no que desempeñan un papel moi importante, sen dúbida, estes colectivos, sexan deportivos, sociais e culturais», apuntaba Alfonso Villares onte na declaración diante dos medios.