Cervo reclama unha pancarta «pola industria na Mariña»

s. c. CERVO / LA VOZ

CERVO

La pancarta había sido colocada en el puente que aparece en la imagen
La pancarta había sido colocada en el puente que aparece en la imagen PEPA LOSADA

O concello di que a retirou a subdelegación do Goberno

14 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

«O Concello de Cervo insta á Subdelegación do Goberno do Estado, que encabeza a socialista viveirense Isabel Rodríguez, a que devolva con carácter urxente a pancarta elaborada e sufragada polos comerciantes do municipio en apoio aos traballadores de Alcoa e das auxiliares».

A lona que rezaba, «sen industria non hai futuro, comercio de Cervo-San Cibrao», foi instalada o pasado venres por empregados municipais na ponte de acceso a Ríocobo, sobre a N-634, e retirada pola Subdelegación de Goberno, segundo afirman desde o concello.

«Unha actuación que desde a

Administración local cualificamos como acto de censura incompresible, máxime nestes momentos de gran incerteza que estamos a vivir todos na Mariña», sinalan.

Desde o Concello entenden que neste intre «a retirada desta pancarta é un acto inconcibible e que está totalmente fóra de lugar», e instan de novo a este organismo «a que lla devolvan canto antes aos seus propietarios e xa nos faremos cargo nós de colocala noutro emprazamento que non lle incomode tanto ao Goberno», manifestan.

Cervo, ao igual que Xove, é un dos concellos nos que se asenta o complexo industrial de aluminio propiedade de Alcoa e que está ameazado de peche pola propia empresa, que xa anunciou un despido colectivo. A pancarta reclama a continuidade da industria, esencial para A Mariña.