Cervo acollerá o 8-M a Ruta de Enduro Medela MTB de 28 quilómetros

La Voz CERVO / LA VOZ

CERVO

CEDIDA

28 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A XI edición da Ruta de Enduro Medela MTB celebrase o domingo 8 de marzo. A proba, de dificultade media-alta, será de 28 quilómetros, e 1.400 metros de desnivel acumulado e permitirá desfrutar de 5 tramos perfectamente acondicionados polos

membros do club, “que levan meses traballando no trazado para que ese día os amantes das dúas rodas poidan gozar dunha competición de primeiro nivel no Concello de Cervo».

A saída está prevista para as 9:30 horas na piscina de Lieiro. Os dorsais pódense recoller o sábado, 7 de marzo, no restaurante O Noso Lar, en horario de 19:30 a 21:00 horas; e o mesmo día da proba, entre as 8:00 e as 9:15 horas, na piscina municipal. As persoas interesadas poden inscribirse ata o mércores, 4 de marzo, a través da web www.championchipnorte.com e recoller información na páxina de facebook Club Medela Mtb. Ao remate da proba haberá unha comida para tódolos participantes. A proba foi presentada onte e participou o alcalde, Alfonso Villares.