A humanización da Rúa Galdín, en San Cibrao, estará acabada en xullo

La Voz CERVO / LA VOZ

CERVO

CEDIDA

A conselleira de Infraestruturas supervisou as obras

19 jun 2019 . Actualizado a las 21:55 h.

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, xunto co delegado da Xunta en Lugo, J. M. Balseiro, e o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, supervisou onte as obras de urbanización da rúa Galdín, en San Cibrao, que estarán rematadas no vindeiro mes de xullo. Ethel Vázquez indicou que as obras están moi avanzadas, cun grao de execución actual que rolda o 85%. Precisou que faltan por construír as dúas glorietas nos dous extremos da rúa e a instalación do alumeado e a pavimentación. Trátase dunha actuación froito da colaboración entre Xunta e Concello, que ten como obxectivo ampliar a capacidade desta vía, para facela máis segura, cómoda e accesible para

os vehículos e os veciños. A Xunta destinou 600.000 euros.