Cervo entregará esta tarde árbores froiteiras aos veciños que o solicitaron

La Voz CERVO / LA VOZ

CERVO

11 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Os veciños de Cervo que solicitaron árbores froiteiras para plantar nestas datas invernais nas súas fincas e terreos poderán recollelas esta tarde no salón de actos da Casa do Concello. O acto de entrega dará comezo a partir das seis da tarde, e nel haberá persoal municipal.