O BNG segue a campaña contra a suba da luz

La Voz CERVO / LA VOZ

CERVO

CEDIDA

Hoxe recollerá firmas na Avenida da Mariña de Foz

24 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O BNG da Mariña segue a súa campaña contra a suba «escandalosa» da luz e por unha tarifa eléctrica propia para Galicia; no acto celebrado antonte na Casa do Mar en San Cibrao interviron Diego Fernández, responsable local do BNG en Cervo; Ana Ermida, responsable do BNG na Mariña, e Xosé Manuel Golpe, técnico en asesoramento enerxético. O salón da Casa do Mar encheuse de veciños interesados na proposta. Hoxe, ás 11.30 horas, seguirán recollendo firmas na Avenida da Mariña de Foz.